Por fin!!!
Despois de que milleiros e milleiros de seareiros do Serán colapsasen o noso correo, whatsapp e web, e centos de miles de chamadas fixesen soar sen descanso o cento de teléfonos das oficinas centrais da asociación O Son do Sor no Barqueiro, queremos facer un chamento á calma….
Habemus serán!!!
Pillade os billetes de avión, reservade o día, hostal, coidade esas gorxas, poñédevos en forma, afinade as gaitas, tensade a persusión… bueno, facede todo o que teñades que facer para non faltar, porque un ano máis temos con nós O SERÁN DO SOR, Ahí vos vai o cartel deste ano.
?
? Xa está aquí o cartaz do Serán do Sor deste ano 2017!
Tardábanos anunciar todo o que temos, esperamos que vos guste!
13:30 | Sesión vermú c’Os Viqueiras de Ordes
17:30 | Grupo folklórico OS Do 21, do Vicedo
18:15 | Chuches Amil
20:00 | Serán (O Son do Sor + Medio Quinhón + A.C. Son d’aquí Os Rebentafoles + Cuarteto Xente Nova – Ferrol + Os Carecos)
22:30 | Os Tres Trebóns
00:00 | ulträqäns
01:30 | Foliada libre!
Medo a pasar fame? Haberá todo o día pulpo e churrasco!
Xa está aquí unha nova edición d’O Serán do Sor!
É a sexta edición e vén con ánimos renovados e estará amenizada por Son d’aqui (A Coruña) durante todo o día. Aquí tedes o cartaz:
13:00
Ben… pois a edición de este ano, como xa ven ocorrendo dende a 3ª edición, comezámola ó mediodía coa sesión vermú; cunha estrea moi especial:
Orquestra de gaitas de fol e percusión O Son do Sor
É unha nova etapa dentro da nosa agrupación que queremos estrear na casa.
17:00
Abriremos a tarde ca actuación co grupo veciño Os do 21, do Vicedo, que nos amosarán a súa escola de baile de nenos.
Xusto ó remate comezará a presentación do disco “Pito Galego” de Efraím Díaz. Faranos unha demostración e explicará o instrumento que, polo momento, é un pequeno descoñecido.
Ás 19:00, Cristian Silva presentaranos o seu primeiro traballo “Ego”. Este artista é moi coñecido no ámbito da música tradicional e vén de facerse un oco nos nosos fogares despois de pasar polo xurado da sección do programa Luar “Vai de gaita”, onde comentaba a actuación dos gaiteiros participantes.
20:00
E xa a partir das 20h terá lugar o concerto de Tonecho Castelos & Pablo Esqueira. Tocarannos pezas do seu último disco “Nas Mariñas“. Esta foi a súa presentación para o Serán:
21:30
Arrinca o Serán! Iremos poñendo os grupos aquí na web e no facebook segundo vaian confirmado!
Xa está aquí unha nova edición de O Serán do Sor.
Este ano, 2015, cumplimos un lustro! 5 anos de Serán do Sor nada máis e nada menos. Dende logo cando comezamos fixemolo con espectativas pero despois de 5 anos estamos tremendamente contentos e moi orguiosos do que temos conseguido.
Ben….pois a edición de este ano, como xa ven ocorrendo dende a 3ª edición, comenzamos ó medio día coa sesión vermú; que é dunha festa que se precie sin sesión vermú?? pos si, comezaremos arredor da 1 do mediodía coa actuación da Charanga Tradicional de Son D’aquí (A Coruña) e co grupo ferrolano Böj .
Pola tarde (17 h) teremos un obradoiro de baile tradicional de mans do mestre Xabier Espasandín. É un obradoiro aberto para todo aquel que guste de participar e ir aprendendo algun punto novo para a noite e entrando en materia. Non faltedes!
E xa a partir das 20 h comeza o Serán que este ano partimos con grupos confirmados.
Ainda que non sae reflexado no cartaz abrirán o serán os nos@s alumn@s da escola tradicional de O Son do Sor que aproveitan a ocasión para mostrarnos o aprendido no que vai de curso….algúns estreanse nun esceario, os nervios están a flor de pel!
Despois disto comezan os grupos que xa temos confirmados:
Xa está a punto a 4ª edición de O Serán do Sor!
Queremos adicar a edición de este ano Celestino Gómez, que faleceu o pasado ano. Celestino formou parte de O Son do Sor dende os inicios e sempre colaborou con ese bo humor que o caracterizaba. E nos inicios de O Serán do Sor brindounos todo o seu apoio e colaboración xa que era o Patrón Maior da Confraría Barqueiro-Bares.
Vaia o noso recordo e agradecemento.
Como vedes, empezamos ben cedo pola mañá xa que teremos sesión vermú co grupo ortegano Bretema Folc. Sen dubida farannos comezar a xornada con moito ritmo e boa música.
Xa despois de xantar teremos, as 17:30, unha “master class” de baile tradicional impartida por Xabier Espasandín. Pero que a palabra “master class” non vos asuste, esta dirixida para todo tipo de niveis, sobre todo iniciación. Así cando chegue a hora do Serán todos podremos botar uns pasiños na pista de baile para que a noite sexa completa.
E por último, pero non menos importante, chega a razón motivo e motivación de todo isto: O SERÁN!
A partir das 20h xa estará aberta a lista para anotarse e subir a tocar e a pista libre para os bailadores.
E despois de media noite repoñeremos forzas cun chocolate quentiño!
Ide quentando motores, sacándolle lustre ós zapatos e afinando voces e instrumentos!
Esperámosvos a todos!
Vinde pasar un día entretido e diferente con nos!
Xa está en marcha o Serán deste ano!
Ide preparando as vosas gorxas, as vosas pernas e as vosas mans para pasar un día de Xoves Santo inesquecible.
Este ano comenzaremos máis cedo, á unha do mediodía actuará o Coro Galego Cántigas da Terra, que nos traerá un repertorio de cancións por todos coñecidas, así como o seu Grupo de Gaitas, que interpretará pezas tradicionais e de autor.
Ás cinco da tarde comezará unha exposición de artes tradicionais de pesca, onde atoparemos aparellos, novos e vellos, que nos contarán historias da xente que adicou ao mar a súa vida.
E ás oito e media comenzarán as pernas a moverse ao ritmo da música…
Agardámoste alí!
Coma ven sendo tracición dende hai… un ano, o día de Xoves Santo, bailaremos, tocaremos e cantaremos!
E moitos diredes…
Pero, que raio é un Serán???
Pois serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior…) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña…
Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán:
“A ruadiña vai boa, a ruada boa vai,
a ruadiña vai boa, a conta de quen a fai”.
Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas, de xeito que todo aquel que ficara fóra deste ritual era dalgún xeito desprazado socialmente:
“O que non canta nin baila, que vén facer ó serán
aprender catro mentiras, para ir contar mañán”.
A historia d’O Serán do Sor comeza no 2011, cando os compoñentes da agrupación tradicional O Son Do Sor animámonos a organizar o noso propio serán co gallo de dar a coñecer a nosa formación e o que facemos e así animar a todo aquel que se quixera unir a nos para continuar conservando e amosando o legado cultural e tradicional da nosa terra.
Outra das razóns foi que na zona norte non son moi comúns e mais ó norte que o carón da Estaca de Bares non pode ser!
Ademais todo o que sexa festa, a nós parécenos moi ben!
Puxemonos a traballar, sin ter moita experiencia na organización de tales eventos….pero sempre topamos con xente boa que nos axuda e colabora con nos! Polo que temos moito que agradecer:
Comezando pola Cofradía de pescadores e mariscadores O Barqueiro – Bares, que nos cedeu a Lonxa para ese día; a Panadería de O Barqueiro e a Panadería de Bares polos seus ricos productos, a Esther do Relojes que fixo uns callos riquisimos para repoñer forzas, a Fortosa, a ImaxeFree, a Villasuso e non sei si me deixo a alguén…
E como non, agradecer a todos os que alí estiveron facendo a festa, tocando e cantando enriba do esceario e bailando abaixo por suposto!
Porque sen vós non habería serán!
!
Este ano mudaremos a ubicación para as Grañas do Sor, na Granxa Labrada, un sitio espectacular!
Cando veñas ao Serán do Sor, e queres aproveitar para visitalos diferentes lugares que temos na nosa comarca, acó tes unhas cantas imaxes para abrir boca.
Se vés ao Serán do Sor, e pensas que podes pasar fame… non teñas medo!
Aquí che deixamos uns cantos sitios para que calmes o apetito:
Restaurante A SobrepostaUn restaurante no mesmo peirao do porto do Barqueiro, cunhas vistas magníficas cara a ría. Para pórse en contacto, para información ou reservas, o teléfono é 682000431.
|
Restaurante RelojesCoa súa cociña tradicional, é o veterano dos restaurantes do pobo. Sempre un acerto esta elección. Para as reservas: 981414129 |
Restaurante A MarinaTamén ao pé do mar, atopamos o Restaurante A Marina, con moitos anos de experiencia na elaboración dunha excelente cociña de recetas tradicionais. Conta cun amplo comedor con vistas á Ría do Barqueiro. Máis información no teléfono 981 414 098 |
Restaurante O FornoAo pé da ría atopamos o restaurante O’Forno. Sen duda, unha marabillosa elección para ter o bandullo cheo para poder bailar! Para as reservas: 981.41.41.24
|
Restaurante A GoletaPratos italianos mesturados coas mellores carnes e mellores produtos. Teléfono 981424002 |
Restaurante O CentroCocina tradicional repleta dos mellores peixes e mariscos. Está ubicado ao pe da praia de Bares, a 7km do Barqueiro. Teléfono 981414023 |